Unha muller cae por un barranco cando camiñaba por unha cala en Nigrán

A ferida foi evacuada ao Hospital de Povisa para ser atendida das lesións provocadas polo golpe

Os servizos de emerxencias rescataron este domingo mañá a unha muller que caeu por un desnivel duns tres metros de profundidade cando camiñaba por unha cala.

Unha vez estabilizada, a ferida foi evacuada ao Hospital de Povisa para ser atendida das lesións provocadas polo golpe.

En todo momento, o persoal do 112 Galicia mantivo comunicación coa ferida que indica que apenas se podía mover debido a un forte golpe que recibiu na cabeza. Igualmente, sinalou que se precipitou por un desnivel nunha cala de Monte Lourido, á que chegou despois de percorrer ao menos un quilómetro do Paseo de Praia América. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos membros do GES do Val Miñor co fin de traballar xunto aos profesionais sanitarios no rescate e atención á ferida. 

Mediante unha padiola especial, conseguiron sacar á muller do barranco e evacuala en ambulancia ata o Hospital Povisa de Vigo.

Para este operativo, que se activou ás once desta mañá, os servizos de emerxencias contaron tamén coa apoio dos axentes da Policía Local.