domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Nove facultativos xubilados do Salnés e Pontevedra reforzan o teléfono de información

O 900 400 116 xa conta con más de 100 teleoperadores para atender dúbidas sobre o coronavirus cun horario desde as 8.00 ás 24.00 horas todos os días da semana

Un total de nove facultativos recentemente xubilados que prestaban servizo na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporáronse para reforzar voluntariamente a dotación de efectivos que atenden en exclusiva o teléfono gratuíto 900 400 116, de información e consulta sobre o coronavirus.

Este servizo -que xa conta cunha dotación de máis de 100 teleoperadores para a atención telefónica de dúbidas- ten un horario que se mantén desde as 8,00 até as 24,00 horas durante todos os días da semana.

A seis destes nove profesionais médicos que se ofreceron a reforzar loxísticamente o servizo do 900 400 116, a área Sanitaria facilitoulles un terminal telefónico, mentres que os tres restantes conectaranse á Rede a través da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xestiona ambos os números de teléfono.

Nove facultativos xubilados do Salnés e Pontevedra reforzan o...
Comentarios