Pechadas en Bueu dúas aulas no colexio A Pedra e na escola infantil Ceo Azul

Os contaxios nos centros educativos da área de Pontevedra mantéñense en 153
Un bote de gel hidroalcohólico en un aula. EFE
photo_camera Un bote de gel hidroalcohólico en un aula. EFE

Os contaxios nos centros educativos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantéñense na mesa cifra que 24 horas antes, 153, mentres que hai dúas aulas máis pechada, para un total de nove. Os datos facilitados este sábado por Sergas reflicten que quedaron clausuradas nas últimas horas unha unidade no CEIP A Pedra de Bueu e outra na escola infantil Ceo Azul, do mesmo municipio.

Este último é un dos tres centros que se incorporan á lista daqueles que teñen algún positivo, á que tamén entran o CEIP Amor Ruibal de Barro, o CEIP de Torre-Cela de Bueu e o CEP Campolongo. Deixan de ter contaxios á escola infantil de Vilagarcía, o colexio Daría González García e o CIPT Carlos Oroza, estes dous últimos de Pontevedra. 

PONTE COLE

REPUNTE NA COMUNIDADE. O número de aulas en corentena en Galicia pola incidencia da pandemia ascenden a 66, tres máis que o día anterior nunha xornada na que tamén se incrementa o cómputo global de casos de covid-19 na comunidade educativa. 

Segundo a última actualización de datos difundida pola Xunta na mañá deste sábado, os centros educativos da comunidade teñen 867 casos activos, dez máis que 24 horas antes. 

Así, mantéñense tres escolas infantís clausuradas –Barrio Sésamo 4 de Lugo, Chiquis de Pontevedra e Cáritas Tui-Vigo da cidade olívica– e 66 unidades educativas atópanse en corentena. 

O centro con maior incidencia de Galicia mantense unha xornada máis na área da Coruña. En concreto, trátase do CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha, cun total de 23 positivos –un máis con respecto ao venres–, pero cunha soa aula pechada –sen cambios–.

Por áreas, a de Vigo continúa como a máis afectada cun total de 202 persoas vinculadas a centros educativos contaxiadas, oito máis que un día atrás. Ademais, as aulas en corentena tamén soben respecto a xornada anterior e son unha máis: 14.

PONTEVEDRA, SANTIAGO E A CORUÑA. Após a viguesa está a área de Santiago, que suma 163 casos de covid (oito máis) e dez aulas clausuradas (dúas máis). Neste distrito sanitario destaca a situación do CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia, no que se contabilizan oito casos. 

Despois atópase a área de Pontevedra, onde hai 153 positivos por coronavirus (dous menos) que obrigaron a pechar nove aulas (unha máis). Logo está o distrito sanitario de A Coruña con 148 casos (catro máis) e 11 unidades en corentena (unha menos).

FERROL, LUGO E OURENSE. Por baixo do centenar de casos de covid-19 nos centros educativos están Ourense, Lugo e Ferrol. Esta última contabiliza 70 contaxiados, unha baixada de tres con respecto ao xoves, e sete unidades pechadas –sen cambios–.O caso máis grave é o do CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes, cun total de 10 positivos e unha clase en corentena. 

Finalmente, a área de Ourense se mantieen con 68 nos seus centros educativos, sen cambios repecto ao día anterior, aínda que baixan a sete as aulas en corentena --unha menos--. Nesta provincia, a peor situación tena o IES Cosme López Rodríguez, con cinco casos.