Pechan aulas en dúas escolas infantís de Pontevedra e no IES de Cotobade polo covid

Reabriu unha que estaba en corentena na EI Marín-O Seixo ► Os casos activos na área chegan a 107
Actividades de un niño en un aula. EUROPA PRESS
photo_camera Actividades de un niño en un aula. EUROPA PRESS

Os casos activos nos centros educativos non universitarios da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés aumentaron en seis, para un total de 107, segundo os datos facilitados este xoves polo Sergas, actualizados ata o mércores.

Tamén medra a cifra de aulas pechadas, ao pasar de dúas a catro. Mantense clausurada una unidade no CEIP de Seixo de Marín, onde reabriu a que estaba en corentena na escola infantil Marín-O Seixo. E quedaron pechadas tres que non o estaban no IES de Cotobade e nas escolas infantís Bamby e O Toxo, ambas de Pontevedra.

En Galicia subiu a 33 o número total de aulas pechadas, o que supón dúas máis que no día anterior, todo iso a pesar de que o número de casos activos de covid-19 descenderon a 619 –dous menos–. Mentres, segue sen haber centros clausurados debido á incidencia deste coronavirus. 

Tal e como arroxa o balance actualizado este xoves polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas en centros educativos redúcense nas áreas da Coruña (-10), Ourense (-5) e Vigo (-3); mentres que soben nas de Santiago (+6), Pontevedra (+6), Lugo (+1) e Ferrol (+1). 

BALANCE PONTE

A área de Vigo segue un día máis á cabeza con 202 infeccións activas –tres menos– e 17 aulas pechadas –dúas máis–, catro delas continúan pechadas por catro contaxios –dous menos– no IES San Paio de Tui; e outras dúas por nove positivos na Escola Infantil Santa Isabel da cidade olívica, onde outra escola infantil ten dúas clases clausuradas por seis infeccións activas. 

Séguelle a da Coruña con 161 casos activos –10 menos– e cinco aulas pechadas –unha menos–, delas hai tres clases clausuradas no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal de Oleiros por 27 positivos –un máis–, que supoñen o maior número de entre todos os centros de Galicia. 

Mentres, na área de Pontevedra increméntanse a 107 as infeccións activas –seis máis– e agora hai catro aulas pechadas –dúas máis–. O CEIP de San Roque de Vilanova de Arousa segue como o máis afectado con 14 contaxios –dous menos–. 

Pola súa banda, a área sanitaria de Santiago conta con 81 positivos en centros educativos --seis menos-- e catro clases pechadas –unha menos–. O centro con máis positivos segue sendo o CPR Plurilingüe Jaime Balmes de Noia, con seis, e unha aula clausurada pola incidencia da covid-19.

MENOS CASOS. Polo seu lado, a área de Ourense baixa até os 28 casos activos de covid-19 --cinco menos-- distribuídos entre unha vintena de centros o que máis concentra é o IES O Ribeiro en Ribadavia, con catro– e segue como a única de Galicia sen aulas pechadas por este coronavirus. 

Con iso, Ourense iguala no número de casos activos a Lugo, que tamén acumula un total de 28 –tres máis–, aínda que a área lucense continúa cunha aula pechada –sen cambios–. O maior número de casos rexístranse no IES Val do Asma, en Chantada, que ten 5 casos activos e a aula pechada. 

Finalmente, aínda que Ferrol incrementou en un o número de casos activos, mantense á cola de Galicia, con 12 contaxios repartidos en nove centros e dúas clases clausuradas pola incidencia da covid –sen cambios–, unha delas na Escola Infantil Virxe do Chamorro por dous positivos e outra nun colexio da Capela. 

Comentarios