Poio abre a inscrición dun curso sobre habilidades para o marisqueo a pé

As clases serán de luns a xoves, en horario de nove da mañá a dúas da tarde, nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
marisqueo
photo_camera Mariscadoras en Lourido (Poio), en una imagen de archivo. EP

O Concello de Poio ofrece a impartición dun curso sobre habilidades sociais básicas para o marisqueo a pé, que se celebrará do 16 ó 26 de setembro e para o que está aberto o prazo de inscrición. Hai 25 prazas dispoñibles e aínda quedan algunas vacantes.

As clases serán de luns a xoves, en horario de nove da mañá a dúas da tarde, nas instalacións do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Trátase dun curso de 40 horas presenciais e puntuable para a obtención do Permex.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello, no teléfono 986 770 001 ou enviando unha mensaxe á dirección de correo electrónico "[email protected]".

As concellerías de Promoción Económica e Pesca e Marisqueo, que dirixen os socialistas Gregorio Agís e Chelo Besada, respectivamente, adiantan que nos vindeiros meses se celebrarán outras edicións de cursos que o Concello ten homologados para a obtención do Permex e puntables para o mesmo.

Comentarios