Poio destina case 100.000 euros a mellorar varios viais de Chancelas

A empresa EC Casas, realizará os traballos, que contan cun orzamento de 98.743,04 euros
Gregorio Agís e Julio Casás. DP
photo_camera Gregorio Agís e Julio Casás. DP

 A Xunta de Goberno Local de Poio vén de aprobar a adxudicación do proxecto para impulsar a mellora de servizos básicos e da seguridade viaria no lugar de Chancelas, na parroquia co mesmo nome. 

A empresa EC Casas, realizará os traballos, que contan cun orzamento de 98.743,04 euros, Ive engadido. A actuación, que se centrará fundamentalmente no Camiño Real, entre os de A Bouza e Urxeira, finánciase a través do Plan Concellos de 2022 e forma parte da batería de medidas da Concellería de Urbanismo

O edil de área, Gregorio Agís, e o de Obras e Servizos, Julio Casás, visitaron o entorno dunha destas actuacións que queren dar resposta ás demandas veciñais, xa que se trata dunha zona de tránsito habitual. "A día de hoxe o firme está moi deteriorado, algo que se debe tanto ao tránsito rodado como á acumulación de auga nas épocas de choiva", apunta.  Con estas obras solucionarase o problema, dotando á zona de servizos básicos e acometendo medidas para o calmado de tráfico.

A actuación levarase a cabo nunha superficie e 500 metros de lonxitude, contemplándose o asfaltado nunha extensión de preto de 2.300 metros cadrados. 

O proxecto contempla a dotación de cunetas de evacuación de  pluviais, ademais do mencionado reasfaltado, que tamén servirá para mellorar o acceso ás parcelas agrícolas na zona. A maiores, instalarse unha plataforma para o tránsito rodado de 4 metros de anchura, ademais dunha senda peonil.  "Desta maneira, acadamos unha integración sostible das parroquias de Samieira e Combarro en xeral e dos núcleos de Camiño Urxeira e Camiño da Bouza en particular", apunta Gregorio Agís, que recalca que as obras "conferirán a este tramo dunhas características especiais, que fomentarán o transporte sostible e o calmado do tráfico existente". 

Comentarios