Poio prevé superar o 80% de ocupación durante os primeiros 15 días de agosto

O concello duplica a cantidade de habitantes durante o verán
El muelle apenas dispone de espacio para acoger embarcaciones del pósito. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ARCHIVO) (Poio)
photo_camera JAVIER CERVERA

As reservas realizadas por turistas que elixiron Poio para gozar duns días de lecer durante os primeiros días do mes de agosto fan que as expectativas resulten optimistas no sector. Segundo os cálculos da Concellería de Turismo, para a quincena inicial as reservas nos establecementos locais roldan xa o 81%, unha cantidade que podería verse incrementada, especialmente se acompañan as condicións meteorolóxicas. Poio pechou xullo cunha ocupación media do 72%, o que supón un aumento de sete puntos con respecto á acadada o ano pasado nestas mesmas datas.

TURISMO NACIONAL. Polo que respecta ás persoas que solicitaron información nas oficinas de turismo municipais, o persoal atendeu a 4.371 usuarios durante o pasado mes, 2.498 dos cales corresponden á segunda quincena. Tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, no perfil do visitante predomina o nacional, cun 92% do total. Madrid (27,5%) é a comunidade autónoma que máis turistas achega, seguida de Andalucía (12,2%). Máis lonxe están Castela e León (9,4%), País Vasco (8,8%) e Castela A Mancha (8,3%).

En canto aos estranxeiros, a maioría proveñen de países como Francia, Italia, Reino Unido e os Estados Unidos, entre outros.

Aínda que Poio conta con algo máis de 17.000 habitantes durante o ano, no verán duplica esta cantidade.

Comentarios