A Policía Local de Redondela rescata seis cachorros tirados nun contedor de vidro

Unha protectora fíxose cargo dos animais e busca adoptantes para eles

Tres axentes cos cachorros. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA
photo_camera Tres axentes cos cachorros. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA

Axentes da Policía Local de Redondela rescataron este martes a seis cachorros con escasos días de vida que foran depositados nun contenedor de vidro situado no Alto dos Tras, na parroquia de Cesantes.

Foi un veciño o que se percatou da presenza dos animais dentro do contedor cando ía tirar unhas botellas e escoitou o choro dos animais. 

Polo momento o refuxio Noé Redondela fíxose cargos dos cachorros, á espera de poder atopar adoptantes para eles. 

Mentres, o Concello e a Policía Local investigan quen pode estar detrás deste caso de abandono animal.

Comentarios