martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Pontevedra é a provincia na que máis se usou ata agora o bono turístico da Xunta

HOTEL GALICIA PALACE_ Inauguracion do XX Encontro internacional de hospitaleiras e hospitaleiros do Camino Portugues a Santiago_
Rueda e Lores saúdanse durante o encontro. JAVIER CERVERA
As Rías Baixas aglutinaron o 56% das 7.000 transaccións feitas, o 86% en aloxamentos hoteleiros ▶ A Xunta investiu este ano nos bonos 3,5 millóns e chegará a 7,5 cando remate a campaña

Pontevedra é ata o momento a provincia na que máis se utilizou o denominado bono turístico posto en marcha pola Xunta para incentivar o consumo interno e axudar ao sector. Inicialmente, o Goberno galego lanzara esta iniciativa dirixida unicamente ao persoal sanitario, pero desde o pasado 31 de maio abriuse a toda a poboación.

Son 1.183 os establecementos adheridos con 190 ofertas personalizadas e 850 paquetes turísticos e os beneficiarios poden elixir entre tarxetas moedeiro de 500 euros, de 375 e de 250. En todos os casos, os particulares corren co 40% do gasto, mentres que a Xunta pon o 60% restante.

Desde o mes de xuño ata o 19 de setembro activáronse 4.382 das 9.465 tarxetas emitidas na edición aberta ao público en xeral e máis de 1.300 (o 13% do total) gastaron a totalidade do seu saldo. O maior consumo produciuse no mes de agosto, con 470.000 euros, e durante todo este tempo fixéronse 7.000 transaccións, o 86% en aloxamentos hoteleiros dos que a cuarta parte foron de 4 e 5 estrelas. O resto do consumo foi en paquetes turísticos adquiridos en axencias de viaxes. A provincia de Pontevedra concentrou o 56% desas operacións, mentres que A Coruña aglutinou o 24%, Lugo o 13% e Ourense o 6%.

Do éxito desta iniciativa pioneira deu conta onte o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, que presidiu xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e co presidente da Asociación de Amigos do Camiño, Tino Lores, o acto de inauguración do XX Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros do Camiño Portugués celebrado no Hotel Galicia Palace da capital do Lérez.

Rueda sinalou que a Xunta leva investidos neste ano 3,5 millóns de euros na reactivación do turismo galego a través do bono turístico e salientou a eficacia desta campaña, que foi "imitada2 noutras comunidades autónomas para reactivar o turismo nun ano marcado polas restricións na mobilidade.

Das 9.465 tarxetas emitidas pola Xunta, aínda quedan por consumir máis de 5.000 e Rueda dá por feito que se van esgotar

Tendo en conta que quedan aínda máis de 5.000 tarxetas por consumir, o vicepresidente primeiro subliñou que van supoñer "un colofón" para un verán sen precedentes no que Galicia liderou o crecemento turístico. De feito, afirmou que non ten dúbida algunha de que os saldos pendentes se van esgotar, dado o éxito da iniciativa. "De aquí a decembro vanse mobilizar case catro millóns Participantes no XX Encontro de Hospitaleiras e Hospitaleiros do Camiño Portugués. Solidariedade Medio milleiro de persoas móvense contra a leucemia Máis de 500 camiñantes, corredores e membros de Discamino participaron este sábado na marcha 700 camisetas contra la leucemia. Sairán de Vigo e percorrerán 36 quilómetros ata chegar á praza da Peregrina de Pontevedra. A marcha alcanza este ano a súa edición número doce. de euros máis, o que suporá unha inxección económica e de moral moi importante", dixo.

"Galicia é o único destino de España que en agosto conseguiu recuperar o nivel de demanda turística previo á pandemia", lembrou Rueda. A comunidade galega comportouse 27 puntos mellor que a media nacional respecto do 2019, algo que o responsable de Turismo da Xunta achacou ao "traballo colectivo". Segundo engadiu, Galicia asume agora o reto de manter esas boas perspectivas no vindeiro Ano Xacobeo, para acadar no 2023 os cinco millóns de visitantes.

Pontevedra é a provincia na que máis se usou ata agora o bono...
Comentarios
ç