domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

Os positivos nos centros educativos elévanse a 50 e reabren dúas aulas

Tres alumnos nun colexio de Ourense. BRAIS LORENZO
Tres alumnos nun colexio de Ourense. BRAIS LORENZO
Hai 30 centros con casos na área, nunha listaxe á que se incorporan o CPR Los Sauces e o IES Montecelo de Pontevedra

O número de alumnos contaxiados na área de Pontevedra elevánse a 50, dous máis que os detectados o sábado, segundo os datos facilitados pola Xunta este martes. As aulas pechadas baixan de nove a sete, tras reabrir unha no EI Vilaboa e outro no CEIP Magaláns-Dorrón de Sanxenxo.

Seguen pechadas aulas nas escolas infantís Casa do Mar de Marín, A Parda de Pontevedra e na de Cotobade Tenorio, e nos colexios Mosteiro-Meis, Praza de Barcelos (2) e no Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo.

En total hai 30 centros con casos na área de Pontevedra, nunha listaxe á que se incorporan o CPR Los Sauces e o IES Montecelo de Pontevedra. 

Todos os centros afectados na área, os alumnos contaxiados e as aulas pechadas

Ponte sin nombre

300 ALUMNOS AFECTADOS EN GALICIA. O número de contaxios por covid-19 na comunidade experimentou un notable incremento desde este sábado nos centros e escolas infantís galegas, ao sumar preto de 50 novos positivos. Neste sentido, a incidencia do virus supera xa os 300 afectados en activo en Galicia nas instalacións educativas, con 48 aulas pechadas. 

Parte destes novos casos rexistráronse en 35 novos centros, nos municipios de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Sada, Santiago, Boiro, Oroso, Castro de Rei, Foz, Lugo, A Merca, O Barco, Ourense, Ribadavia, Verín, Pontevedra, Ponteareas e Tui. Doutra banda, 14 escolas desaparecen da listaxe. 

O maior incremento produciuse na área de influencia de Ourense, con 11 novos centros que se suman á listaxe de casos e que a sitúan como a zona con máis positivos xunto a de ACoruña e Pontevedra, esta última con 50 casos en activo. Pola súa banda, as áreas de Vigo e Santiago presentan 45 e 40 casos cada unha, e Ferrol un seis positivos. 

O CEIP ourensán As Mercedes, en concreto, é o centro con maior número de casos detectados até o momento e ascende xa a un total de 11 positivos, que obrigaron a manter unha aula pechada. 

Outras instalacións da zona, como o CPR Plurilingüe Divina Pastora do Barco, ou Santo Ángel de Ourense contan con catro positivos, respectivamente, do mesmo xeito que o CPI Mosteiro de Meis (cunha aula pechada), o CEIP A Ponte de Lugo, o Praza Barcelos de Pontevedra, con dúas unidades clausuradas; ou o CPR San Francisco de Vilagarcía. 

Entre os novos positivos detectados atópanse dous no Plurilingüe A Grande Obra Atocha, un no CIFP Imaxe e Son, dous no IES Adormideras e un no IES Ramón Menéndez Pidal, todos eles na A Coruña; xunto a outro no CEIP de Arteixo, o CEIP Vila de Rutis e dous no CEIP Pedro Barrié de la Maza, de Sada. 

Tamén se rexistraron casos na escola infantil Santa Susana, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro, o CIFP Politécnico, e o CPR Plurilingüe San José de Cluny de Santiago: no IES Plurilingüe A Chachada, e o IES Espiñeira de Boiro e no IES de Oroso. 

Doutra banda, informouse doutros no IES da Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; o CEIP O Cantel de Foz, o IES Muralla Romana, o CEIP de Casás, o CEIP Sagrado Corazón e o CEIP A Ponte, de Lugo.

Os novos centros con positivos detectados en Ourense son o CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca, o CEIP Ramón Otero Pedrayo (2) e o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco; o CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada, EPAPU de Ourense, CEIF Portovello, CPR Plurilingüe A Purísima, Santa Teresa de Jesús, e o IES Universidade Laboral, na cidade das Burgas; ademais do IES O Ribeiro de Ribadavia e o IES García Barbón de Verín. 

Os positivos nos centros educativos elévanse a 50 e reabren dúas aulas
Comentarios