domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

O PP provincial pide ao Goberno central unha estratexia común para frear ó xabaril

Veciños amosan os dans ocasionados polos xabarís no lugar de Bordel. RAFA FARIÑA
Veciños amosan os dans ocasionados polos xabarís no lugar de Bordel. RAFA FARIÑA
Os conservadores solicitan que o Ministerio de Agricultura proceda á declaración de "praga" para a excesiva poboación de xabarís

O grupo provincial do PP defende este venres no Pleno da Deputación unha moción para reclamar ao Goberno central que deseñe unha estratexia común entre administracións para frear o impacto do xabaril na provincia, especialmente grave nos concellos do interior.

A intención é buscar solucións contra a proliferación desta especie, que está a causar enormes estragos nos cultivos debido ao crecemento exponencial do número de exemplares. Os seus efectos nótanse tamén en materia de seguridade viaria polos accidentes de circulación que provocan, ademais de introducir riscos tanto polo achegamento dos xabarís a zonas habitadas como pola transmisión de enfermidades.

Por iso, algunhas das medidas que propón o PP son que o Ministerio de Agricultura e Transición Ecolóxica proceda á declaración de praga para a excesiva poboación de xabaril e que elabore un censo real destes animais, entre outras cuestións.

O PP provincial pide ao Goberno central unha estratexia común para...
Comentarios