O PP de Vilaboa pide medidas urxentes na ruta dos muíños de Riomaior e nos petroglifos

Un tramo da ruta dos muíños de Riomaior. TURISMO DE GALICIA
photo_camera Un tramo da ruta dos muíños de Riomaior. TURISMO DE GALICIA

O PP de Vilaboa queixase da actual situación da ruta dos muíños de Riomaior e do petroglifo de Chan de Areeiros.

"Nun estado de abandono total, este é o estado no que se atopa", afirman os populares. Ademais, tamén solicitan que "se reparen los elementos rotos (escaleras, vallados, carteles), se desbroce la senda y sus accesos" para devolver a ruta e os petroglifos ao seu antigo esplendor.

Dende este grupo político recordase que Vilaboa ten rutas de senderismo desenvoltas ademais doutros xacementos. Para eles estes recursos dos que goza o Concello deben ser coidados e, en algúns casos, recuperados do seu estado actual. Por iso afirman que "non só podemos crealas, debemos coidalas, dotándoas dun plan de acción anual no que o seu mantemento sexa básico".

O PP de Vilaboa cree que "a boa condición é unha garantía de que estas rutas serán recoñecidas, é dicir, un xeito máis de mostrar a Vilaboa ao resto do mundo aparte de a utilidade que lle dan os nosos veciños".

Comentarios