O primeiro congreso de Mulleres en Igualdade quere unir forzas

"É unha tarefa de todos: gobernos, institucións, empresas e asociacións", aseguran os promotores dun evento que se desenvolverá en Cerdedo-Cotobade
Asistentes á presentación do congreso, que tivo lugar onte no Espazo Coworking. CEDIDA
photo_camera Asistentes á presentación do congreso, que tivo lugar onte no Espazo Coworking. CEDIDA

O Espazo Coworking acolleu este venres a presentación do primeiro Congreso Provincial da Asociación de Mulleres en Igualdade, cuxo obxectivo é fundamental crear sinerxias entre as distintas asociacións de Mulleres en Igualdade que están en pleno funcionamento nalgúns municipios da provincia, como dixo, Raquel Touriño, a presidenta de AMEI Cerdedo-Cotobade-A Lama-Ponte Caldelas, que serán os anfitrións deste evento: "La finalidad del congreso es convertir todas estas actividades, conocimientos que tienen todas las asociaciones y el trabajo que ellas llevan realizando individualmente para colaborar, apoyarnos y llevar a cabo diferentes propuestas".

Tamén estiveron presentes, apoiando o evento, o director xeral de Medio Rural, Miguel Dubois, que fixo fincapé no importante que é traballar pola igualdade e que todos debemos ser partícipes desa loita: "Esta loita pola igualdade real e efectiva das propias mulleres na nosa sociedade é unha tarefa tan importante que non podemos facelo sós. Debe ser unha tarefa de todos: gobernos, institucións, empresas, etc.".

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, agradeceu que se celebrara no seu concello o congreso e resaltou a importancia do asociacionismo: "Estamos moi orgullosos de que o noso Concello sexa pioneiro na celebración deste I Congreso que vai a traer moitas persoas, que traballan dentro das institucións, tanto no Parlamento como na Xunta de Galicia, e como na Deputación de Pontevedra ou en Concellos para abranguer toda a importancia que ten o asociacionismo a favor das mulleres, todo o que teña que ver coa loita contra a violencia de xénero", sinalou.

Comentarios