Na procura da construción perfecta

Trece proxectos da provincia de Pontevedra cóanse entre os 38 finalistas escollidos polo Colexio de Arquitectos de Galicia para a XIX edición dos seus premios de arquitectura
Campo de fútbol de Campañó. DP
photo_camera Campo de fútbol de Campañó. DP

O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas da XIX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020.

O xurado seleccionou un total de seis obras na categoría de Residencial de Nova Planta. Vivenda Unifamiliar; dúas na de Residencial de Nova Planta. Vivenda Colectiva; cinco na de Outros Edificios de Nova Planta; seis na de Obras de Restauración e Rehabilitación; catro na de Obras de Interiorismo; tres na de Arquitecturas Efémeras e Deseño; tres na de Deseño de Espazos Urbanos, Xardinería e Paisaxismo; catro na de Divulgación e Investigación, e cinco na de Proxecto Fin de Carreira.

En total, 38 proyectos dos que unha terceira parte (13) atópanse na provincia de Pontevedra. Entre eles están, entre outros, un edificio de 31 viviendas na rúa A Estrada, o campo de fútbol de Campañó, ou a sede do Colexio de Veterinarios de Pontevedra, os tres construidos na capital.

[ Sede do Colexio Oficial de Veterinarios. DP ]

Sede del Colegio Oficial de Veterinarios. DP

O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días.

Os membros do xurado foron a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, que actuou como presidenta; como vogais, a arquitecta e vicepresidenta da Ordem de Arquitectos de Portugal, Paula Santos; o arquitecto Antonio Ortiz, con traxectoria de obra construída significativa e docente da ETSA de Sevilla; a arquitecta e responsable da Comisión de Cultura do COAG, Emma Noriega; a arquitecta Ana Couto, responsable da Comisión de Urbanismo e Territorio do COAG; e a arquitecta e secretaria da Xunta de Goberno do Colexio, Elvira Carregado, que exerceu de secretaria.

O xurado seleccionou estas 38 obras pola súa gran calidade, a súa adaptación ao territorio natural e construído, a minuciosidade na recuperación do patrimonio construído, a súa innovación no uso de materiais, a súa versatilidade e o traballo de investigación e divulgación realizado para que Galicia sexa un referente no panorama arquitectónico.

[ Edificio de vivendas na Rúa da Estrada, en Pontevedra. ]

Para facer públicos os nomes dos gañadores destes prestixiosos galardóns da arquitectura galega máis destacada do momento, o Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará unha gala o vindeiro día 25 no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa (Abelleira 4,5,6, Baión).

O evento conta coa colaboración das empresas Porcelanosa Grupo, Cortizo, Grupo Aluman, Constructora San José, Condes de Albarei - Pazo Baión, Exlabesa Architecture, Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Rodiñas, Extrugasa, Tejas Verea e Ramírez Construcciones.

Comentarios