domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

A provincia de Pontevedra sumou 32 denuncias na fin de semana por incumprimento das medidas

Terrazas en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
Terrazas en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada fin de semana 40 dispositivos na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, segundo informou onte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia nun comunicado.

En total realizáronse 92 inspeccións en oito concellos da provincia desde o pasado venres ata o luns, nas que se tramitaron 32 denuncias. Tamén houbo 47 persoas identificadas.

Os dispositivos tiveron lugar nos municipios de Cambados, Lalín, Marín, Nigrán, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda e Vigo. Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 inspeccións en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

A provincia de Pontevedra sumou 32 denuncias na fin de semana por...
Comentarios