martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Pulo á industria da provincia da man de Asime e a Deputación

Un momento da reunión dos representantes da Deputación cos responsables de Asime. CEDIDA
Un momento da reunión dos representantes da Deputación cos responsables de Asime. CEDIDA
Carmela Silva e Enrique Mallón destacan o seu compromiso de colaboración coa ollada posta nos fondos Next Generation

 Impulsar a industria da provincia para potenciar a recuperación económica, co desenvolvemento de proxectos conxuntos cara á captación de fondos europeos será un dos obxectivos da nova liña de colaboración que Deputación e Asime definiron onte cun primeiro encontro entre ambas as dúas entidades.

A reunión contou coa presenza da presidenta provincial, Carmela Silva, e as deputadas Ana Mejías e Iria Lamas, xunto a Enrique Mallón, secretario xeral de Asime; o vicepresidente Rafael Outeiral; e a vocal Lorena Rosende.

Tanto Silva como Mallón subliñaron o compromiso de ambas as dúas entidades para traballar de forma conxunta cara aos fondos Next Generation, na necesidade da colaboración público-privada para mobilizar para facer posible a recuperación, e concordaron en percorrer un camiño avanzando no xa existente co proxecto europeo IN4.0, no que ambas entidades son socias impulsoras. A presidenta provincial sinalou que cara a explorar novas liñas de colaboración "resulta fundamental apostar por proxectos maduros cuxo resultados permitan medir a transformación real do modelo económico".

Para Mallón, "o IN4 é unha boa mostra de que a industria e as entidades galegas están preparadas para atraer e desenvolver proxectos europeos de calado, que neste caso afectan de forma directa a unha industria clave na provincia, como é o naval. Grazas a esta iniciativa, dixo, estamos impulsando a transformación das empresas do sector á industria 4.0, adaptando os seus modelos produtivos, capacidades e implantación tecnolóxica. Ese é o el camiño: a capacitación, innovación e dixitalización".

A Deputación seguirá colaborando activamente coa Feira Internacional Mindtech, que Asime organiza do 14 ao 16 de setembro en Vigo. A este respecto, Carmela Silva amosou a relevancia desta iniciativa, xa que "permítenos amosar ao mundo a calidade e competitividade coa que traballa a nosa industria, recoñecida internacionalmente, e con moi sólidas capacidades para crecer e fortalecerse como elemento clave da nosa economía".

Pulo á industria da provincia da man de Asime e a Deputación
Comentarios
ç