viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Recuperado o corpo sen vida dun sesaxenario nunha piscina en Mondariz

Pese ao esforzo empregado por parte dos profesionais sanitarios para salvarlle a vida, soamente puideron confirmar o seu falecemento

O corpo sen vida dun varón sesaxenario foi atopado esta tarde flotando nunha piscina dentro da súa propiedade situada na Rúa de Ramón y Cajal, no concello pontevedrés de Mondariz.

Os feitos sucederon ao fío das 17.30 horas, momento no que un veciño chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda urxente para un home que fora encontrado no interior da piscina.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais sanitarios que, unha vez no lugar, e pese ao esforzo empregado por salvarlle a vida, soamente puideron confirmar o seu falecemento.

Desde o 112 Galicia solicitouse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil co fin investigar as circunstancias que rodean o suceso. Ademais, pasouse aviso aos Bombeiros do Porriño e aos membros de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea. 

Recuperado o corpo sen vida dun sesaxenario nunha piscina en Mondariz