Rosas Otero, presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra

A xornada electoral deste venres desenvolveuse sen incidencias

José Manuel Rosas Otero. DP
photo_camera José Manuel Rosas Otero. DP

O buenense José Manuel Rosas Otero foi elixido este ventes presidente da Federación Provincial das Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias. Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores. 

Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, de Aldán-Hío, será o vicepresidente primeiro mentres que Clemente Bastos Estévez, de Redondela, converteuse no vicepresidente segundo.

Os tres vogais que representarán a confraría na Federación Galega serán Ruperto Costa Fernández, de Cambados, Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, de Aldán-Hío, e Juan José Rial Millán, de Illa de Arousa.

Os outros membros do comité executivo son Susana González Álvarez, de Baiona, Silvia María Crespo Campos, de A Guarda, Antonio Otero Aguín, de O Grove e César Rodríguez Piñeiro, de Pontevedra.

Comentarios