Sanidade impón restricións en Sanxenxo e Meis e levanta as de Lalín, Silleda e Vilaboa

O comité clínico mantén na mesma situación ao resto de concellos afectados na provincia, como é o caso de Pontevedra, Poio, Marín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa ►En Ourense quedan limitadas as reunións privadas a cinco personas
 
Sanxenxo é unha das localidades onde se aplicarán restricións. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Sanxenxo é unha das localidades onde se aplicarán restricións. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Xunta anunciou este mércores a inclusión dos concellos de Sanxenxo, Meis e o Barco de Valdeorras no conxunto de localidades suxeitas a restriccións. Deste xeito, os municipios anteriormente citados pasan a formar parte do grupo de concellos con restricións constituído por Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames).

Entres estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Por outra banda, Sanidade sinala que ante a evolución estable dos datos, o Comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos da Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa, que desde esta mesma medianoite volven adoptar as mesmas medidas que no resto de Galicia.

OURENSE. Ademais, Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios na cidade. Así mesmo, continúan as restricións  especiais impostas nalgunhas zonas da cidade.

Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anti covid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica.