viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

'Sempre Marzo', un novo "berro pola igualdade" en forma de xoia artística

Calviño amosa a "caixa de soños" xunto a Silva. DEPUTACIÓN
Calviño amosa a "caixa de soños" xunto a Silva. DEPUTACIÓN
Editáronse 155 exemplares do libro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director da editorial A Xanela, Xosé Manuel Calviño, destaparon onte "a caixa de soños" que, en palabras de Silva, constitúe o libro 'Sempre Marzo', unha obra xoia que é o fío condutor da exposición do mesmo título que se inaugurará o 19 de setembro no vestíbulo do Pazo Provincial cun re recital poético a cargo de María Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Miriam Ferradáns, que participan na obra cos seus poemas. Poderá visitarse ata o 7 de novembro.

A loita das mulleres pola igualdade, desde o pasado século en Chicago, ata as manifestacións e folgas dos últimos anos, pasando polas catro olas feministas, están detrás deste volume colectivo. Unha loita que continuará, como engadiu Silva, "ata que algún día non teñamos que facer un 8 de marzo reivindicativo, que en todo caso sexa un 8 de marzo de ledicia porque teñamos acadado a igualdade".

A exposición reúne unha selección das obras que os 33 artistas participantes no proxecto plasmaron no libro, coordinado por Yolanda Castaño. Trátase de 21 creadores e creadoras (17 mulleres e catro homes) e 12 poetisas. Todas as obras de 'Sempre Marzo' foron realizadas ex profeso para este traballo e a presidenta destacou que o lema é "para que xa nunca máis deba ser 8 de marzo debe ser 8 de marzo cada día de cada mes".

Calviño destacou que o libro, do que se editaron 155 exemplares autentificados ante notario, "é un berro pola igualdade".

'Sempre Marzo', un novo "berro pola igualdade" en forma de xoia...
Comentarios