O Sergas reestrutura a cobertura pediátrica en Pontecaldelas, A Lama y Cotobade

O Sergas reestrutura a cobertura pediátrica en Pontecaldelas, A Lama y Cotobade

O Servizo Galego de Saúde, a través da súa Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mantivo este luns un encontro técnico no Concello de Pontecaldelas para expoñer a reestructuración da atención pediátrica de Atención Primaria na comarca. 

Segundo quedou patente nesta xuntanza, a EOXI de Pontevedra e O Salnés contempla que a pediatra que ata agora atendía aos nenos dos Concellos de Pontecaldelas, A Lama e Cotobade vai pasar a atender exclusivamente aos de Pontecaldelas e A Lama. Dita pediatra -con praza en propiedade en Arcade- vai prestar os seus servizos nesta zona ata finais deste mes de outubro.

Carencia de profesionais e esforzo administrativo. Dada a actual carencia de profesionais da Pediatría, no transcurso do encontro técnico de hoxe en Pontecaldelas, os responsables da Administración Sanitaria Pública galega subliñaron que, polo momento, non se dispón dun profesional de Pediatría para prestar con continuidade os seus servizos de Atención Primaria en Pontecaldelas e A Lama. 

Non obstante, a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés está a facer o máximo esforzo administrativo para contar cun profesional que, a partires do vindeiro 1 de novembro, se faga cargo da atención pediátrica nestas dúas localidades.

Finalmente, o Servizo Galego de Saúde, a través da súa Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés quere sinalar que o resto de aspectos relacionados coa atención pediátrica de Atención Primaria nesta zona quedan supeditados á posibilidade de poder contar cun profesional que acepte prestar con continuidade a cobertura de atención sanitaria infantil nos devanditos Concellos.

Comentarios