Os servizos de emerxencia rescatan a un home atrapado nun pozo de formigón en Baiona

Segundo puido saber o 112 Galicia, para sacar do tubo ao home, que resultou ileso, os efectivos do GES de Val Miñor empregaron unha escada

Os equipos de intervención e rescate liberaron esta tarde en Baiona a un home que quedou atrapado no interior dun pozo de formigón duns catro metros de profundidade.

Segundo puido saber o 112 Galicia, para sacar do tubo ao home, que resultou ileso, os efectivos do GES de Val Miñor empregaron unha escada.

Os feitos tiveron lugar nunha zona de monte próxima a Cabo Silleiro.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 17:45 horas a través da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Val Miñor e, acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos axentes da Policía Local e do GES do Val Miñor. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse do sucedido aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo e aos axentes da Garda Civil.