A primeira das actuacións terá lugar este mércores na sala Náutico de San Vicente
O Sábado, o ciclo Xacobeo'21 desprazarase a Cangas cun concerto dobre na sala Salason. O primeiro será o de Aló Django. Un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos -o chamado gypsy swing-. Un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é u mítico guitarrista Django Reinhardt. Aló Django ten como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e no que tampouco faltarán, tamén, certas doses de humor, tan necesario nos tempos que corren agora mesmo.
A continuación, subiranse ao escenario Marian Ledesma & Tinaquero Brothers. Un proxecto froito da casualidade, cando se coñeceron nun concerto de Carlos Childe no Joana's Place en 2007. Despois de que Marian lles propuxera unha colaboración aquel día, o trío tense consolidado nunha infinidade de directos nos que cada artista achega a súa forma de sentir a música, pero sempre desde unha linguaxe común: o blues. A súa experiencia escénica e o seu estilo súmanse a un son auténtico e inigualable.
O ciclo Xacobeo'21 busca reactivar o sector das salas de concertos galego, afectado de forma especialmente intensa tras a crise da Covid-19. Desta maneira, o proxecto estase adicando a programar actuacións de distintas bandas galegas coa intención de desempoar unhas salas nas que, debido a situación excepcional que se viviu no 2020, xa estaban comezando a crecer as teas de araña. Amais, tamén estanse a levar a cabo procesos de gravación de todos estes concertos, que poden e poderán verse a través da web do proxecto, www.directosxacobeo.com, permitindo así unha maior accesibilidade á cultura e á música en directo.
Directos Xacobeo'21 celebrar con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes.