Talleres Ganomagoga proxecta crear 30 novos postos de traballo

A Xunta aprobou a declaración de incidencia supramunicipal do proxecto de ampliación
Talleres Ganomagoga. GSV
photo_camera Talleres Ganomagoga. GSV

A Xunta aprobou a declaración de incidencia supramunicipal do proxecto de ampliación de Talleres Ganomagoga.

A empresa, de Ponteareas, proxecta investir algo máis de 3 millóns de euros e crear 30 novos postos de traballo. Actualmente conta con 135 traballadores e factura 15 millóns. Iniciouse hai 40 anos no naval e logo diversificou a actividade cara ao automóbil, a biomasa e o sector eólico. 

A normativa urbanística do concello non posibilita esta ampliación industrial, motivo polo cal a Xunta aproba o proxecto sectorial e a partir de ahí, "a empresa pode presentar o proxecto e intentar conseguir a licencia en canto a normativa urbanística o permita", explicou o presidente da Xunta.

Comentarios