Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Trasladadas dúas persoas ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha casa de Redondela

Hospital Álvaro Cunqueiro. AEP
Hospital Álvaro Cunqueiro. AEP

Os feitos ocorreron nunha vivenda do Camiño da Pega ► O lume calcinou o salón da vivenda

Dúas persoas resultaron afectadas pola inhalación de fume tras un incendio declarado nunha casa en Redondela. 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o salón da vivenda.

Os feitos ocorreron no Camiño da Pega, á altura do número 2, sobre as 19.30 horas deste sábado.

Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do incendio e a partir de aí o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na casa, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo sufocaron o lume e os efectivos sanitarios trasladaron ás dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro. 

Trasladadas dúas persoas ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha...