Trasládano ao hospital tras sufrir unha picadura de abella en Vila de Cruces

Os sanitarios pediron nun primeiro momento o helicóptero medicalizado, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención

Unha persoa tivo que ser atendida polos servizos sanitarios en Vila de Cruces este luns despois de sufrir a picadura dun insecto, do que se cre que foi unha abella.

Os feitos ocorreron no número 31 de Sulago, na parroquia de Merza, ao fío das 18.45 horas.

Os sanitarios que se desprazaron ata a zona, mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Finalmente, a vítima foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital Clínico Universitario da capital galega.

No operativo tamén participaron voluntarios de Protección Civil da localidade e axentes da Garda Civil.