As vestimentas do Entroido suman unha capa máis este luns para combater as baixas temperaturas

As choivas caerán de xeito intermitente a partida das primeras horas da tarde en toda a provincia

 

El frío de la jornada no impidió que algunos de los más pequeños saliesen a la calle a disfrutar de sus regalos. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera As temperaturas volverán baixar este luns. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A comunidade volverá a rexistrar este luns de Entroido unha nova entrada de aire frío procedente do Atlántico norte entre ventos frouxos de compoñente oeste, o que provocará un descenso das temperaturas. A cota de neve situarase entre os 500 e os 800 metros.

En canto ás precipitacións, estas caerán de forma intermitente ao longo da xornada en toda a rexión, segundo informa Meteogalicia.

Na provincia, os ceos estarán cubertos con alternancia de grandes claros e nos municipios da zona norte tamén se lles unirá a choiva. A partir das 14.00 horas os chuvascos estenderanse a todo o territorio pontevedrés, aínda que de xeito débil. 

A baixada das temperaturas situarán a Pontevedra entre os 2º e os 10º e a Vigo entre os 4º e os 9º e as xeadas no interior non serán importantes.

Temperaturas nas principais cidades galegas, segundo MeteoGalicia

A Coruña 6° 10°
Ferrol 5° 10°
Ourense 4° 10°
Lugo 2º 7º
Vigo 4° 11°
Santiago de Compostela 4° 9°

 

Situación do mar

Nas rías Baixas haberá vento de noroeste virando a oeste con forza 2 a 5, con marusía, visibilidade mala, aínda que mellorará cara a tarde e empeorará á noite, e ondas de noroeste de 2,5 a 3,5 metros.

Comentarios