Xil solicita a Conde un viveiro industrial no parque empresarial da Reigosa

O candidato á Alcaldía do PP tamén lle trasladou ao conselleiro a "preocupación" dos praceiros

Antón Xil e Francisco Conde. DP
photo_camera Antón Xil e Francisco Conde. DP

O candidato do PP á Alcaldía de Ponte Caldelas, Antón Xil, solicitoulle ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, para solicitarlle a creación dun viveiro industrial no parque empresarial da Reigosa e impulsar a subscrición dun plan que permita revitaliza-lo comercio local e axudar a que novos emprendedores instalen novos negocios no municipio.

Xil expúsolle ao conselleiro a súa proposta de aproveitar a existencia de terreos de propiedade municipal no parque empresarial da Reigosa para construir unha nave que sirva de almacén de material do Concello e unha parte poda ser adicada á creación dun viveiro industrial co fin de favorecer "a instalación de emprendedores neste espazo de dinamización económica local e comarcal".

Conde, segundo informa o PP nun comunicado, seguiu con "atención" as explicacións de Xil e amosouse "moi interesado" en promocionar o parque empresarial da Reigosa como destino preferente das iniciativas da súa consellería en materia de viveiros e fomento da instalación de proxectos industriais en Ponte Caldelas.

Por outra banda, Antón Xil aproveitou a entrevista para trasladarlle ao conselleiro "a inquedanza e preocupación" dos praceiros de Ponte Caldelas por quedar sen executar o proxecto de remodelación da praza de abastos "que contaba cunha subvención da Xunta de Galicia de 60.000 euros e que, nestes catro anos de goberno do tripartito, non se materializaron e foron devoltos polo alcalde Andrés Díaz".