sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

As praias das Rías Baixas recuperan o pulso turístico

Unha única máscara entre a marea de xente en Mogor. JAVIER CERVERA
Unha única máscara entre a marea de xente en Mogor. JAVIER CERVERA
Fin de semana sen incidencias nas praias aínda que con distinto cumprimento da distancia de seguridade pola afluencia de xente

As Rías Baixas dan visos de recuperar o pulso turístico. Así o demostran as imaxes dos areais da comarca que este domingo deixaron estampas típicas de verán. Cunha máxima de 33 graos, o plan dos pontevedreses para a xornada dominical non admitía moita discusión: coche, estrada e praia.

Coas mini-neveiras no maletero e as fiestras baixadas para deixar que entrase algo da escasa airexa que corría, moitos xa se dirixiron cara ás ourelas de Portocelo, Mogor ou Aguete ao longo das primeiras horas do día. Pero nunca se madrugou un domingo co gallo de aproveitar toda a mañá. Todo era cuestión de tráfico, e non só o rodado. En tempos de covid non abonda con atopar un sitio para o automóbil. Tamén é preciso un para a toalla que respecte as medidas de seguridade e sexa consciente da redución da capacidade dos areais. Porque nas praias de Marín decidiuse non apostar polo parcelamento das mesmas, senón por apelar á responsabilidade da cidadanía.

Unha responsabilidade que, por momentos, semellou ter quedado confinada na casa. En Mogor, manter as distancias respecto dos veciños de parasol resultou imposíbel, especialmente conforme foi avanzando o día e malia a ampliación do cadro de persoal da policía local e socorristas. Amais, e aínda demostrándose necesaria pola aglomeración, a presenza de máscaras converteuse en anecdótica. Pola contra, os visitantes que acudiron á praia inmediatamente anterior, Portocelo, conseguiron non estar demasiado xuntos, e revoltos moito menos.

AO NORTE. Do outro lado da ría de Pontevedra, a situación nos areais semellou estar un chisco máis controlada.

[Retencións nos traxectos de volta dos areais. JAVIER CERVERA]

circulacion lenta en distintos puntos de la carretyera hacia las playas de areas y sanxenxo

En Poio presentouse un día tranquilo e, malia que as praias de Xiorto e Sinas si estiveron ao límite da súa nova capacidade, "respectáronse as normas", a policía local, con Antonio Duarte á cabeza, non tivo que rexistrar ningunha incidencia.

Máis ao oeste, en Sanxenxo, a actitude da xente tamén valeu un aprobado. Así o fixo constar o goberno local, após de que o alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade, Jaime Leiro, se paseasen polos areais da localidade para falar co persoal, que os informou do bo comportamento que estiveran a ter os bañistas ao longo do día. Con todo, non deixaron de sinalar un problema habitual que, na coxuntura actual, resulta agravado: a inevitábel subida da marea. Porque ao chegar, a xente coloca as súas pertenzas nos ocos libres. Ocos que, por tratarse da época estival, rematan sendo moitas veces necesariamente preto do mar. Pero, igual que todo o que baixa sube, os ciclos das mareas non se deteñen, e o mar cheo compromete a posición de moitos. Logo , os bañistas e as súas pertenzas vense abocados á reubicación, deixando de respectar así a distancia de seguridade.

De igual xeito, e quizais porque os vellos costumes adoitan resistirse a marchar, tamén se produciron puntuais concentracións de persoas nas beiras dos areais. Con todo, ao remate deste primeiro domingo de xullo, o tráfico de volta. foi relativamente fluído na PO-308. malia que se rexistraron retencións na vía de alta capacidade do Salnés e na peaxe de Sanxenxo. O único que queda agardar do resto da tempada de baño é que a volta á normalidade nas praias da comarca se produza tamén sen atoamentos. Un logro só ao alcance de até onde chegue o sentido de responsabilidade, individual, pero colectiva.

As praias das Rías Baixas recuperan o pulso turístico
Comentarios