A Xunta comeza as obras de mellora en estradas do Morrazo, Deza e Pontevedra

A actuación conta cun investimento de 1,2 millóns de euros e teñen un prazo de execución de seis meses
JAVI A CUALQUER HORA. CORREDOR DO MORRAZO. Punto kilometrico 9,6. Obras del tercer tramo del Corredor para convertirlo en Autovia
photo_camera Entrada ao Corredor do Morrazo.ADP

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou esta semana as obras de mellora do firme en distintas estradas autonómicas das comarcas do Morrazo, Deza e Pontevedra, cun investimento de máis de 1,2 millón de euros.

A intervención foi adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L e se estima un prazo de execución de seis meses, sempre que así o permitan as condicións meteorolóxicas.

Os traballos incluídos neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas, a CG-4.1 (Corredor do Morrazo), PO-532, PO-533, PO-542, PO-840, PO-905, PO-313, PO-210, PO-211, PO-212, PO-184 e PO-185, ao seu paso polos municipios de Moaña, Cangas, Pontevedra, Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Marín e Silleda.

As obras comézanse por catro estradas da comarca de Pontevedra e o Morrazo, na CG-4.1, PO-313, PO-542 e PO-532.
 
O proxecto ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas.

Comentarios