miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil de 1.500 metros na PO-531

Luis López. RAFA FARIÑA
Luis López. RAFA FARIÑA
Os traballos rematarán a finais de ano, no marco das actuacións de mellora da seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta acaba de pór en marcha este luns a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-531, no tocante aos lugares de Sabarís, O Bispo e A Devesa na localidade de pontevedra. A actuación suporá un investimento de 830.000 euros, cofinanciado con fondos FEDER 2014-2020. 

Deste xeito, darase pulo a un percorrido de formigón de 1.500 metros de lonxitude e dous metros de ancho, ubicado entre os puntos quilométricos 5+460 e 6+900. Adicionalmente, contará cunha franxa axardinada de separación de zonas e dúas pasarelas para salvar o paso sobre o rego do Castrado.

A ditas actuacións engadirase a renovación da rede de drenaxe, a reposición dos servizos afectados polos traballos, a colocación de nova sinalización e balizamento e outras obras que faciliten o acceso ás vivendas. 

Luis López, o delegado do Goberno autonómico en Pontevedra, explicou esta mañá que están "a traballar con gran intensidade no desenvolvemento de todos os plans de sendas da área metropolitana de Pontevedra con numerosas actuacións na capital provincial e os concellos próximos de Marín, Poio e Bueu e imos seguir nesta liña para facer que as estradas e as súas contornas sexan espazos máis amables, seguros e confortables para os peóns”. 

Igualmente, informou de que tamén se planea o inicio da construción doutras sendas, como as proxectadas na PO-551, unha entre Bagüín e Seixo (Marín) e outra que unirá Trasouto e Alto da Portela (Bueu). 

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil de 1.500 metros na...
Comentarios
ç