A Xunta traslada o seu apoio aos traballadores de Maderas Iglesias tras reunirse con eles

Os empleados da empresa mantiveron un encontro con representantes do Goberno autonómico para expresarlle as súas demandas

 

Un centenar de representantes de los trabajadores de Maderas Iglesias se manifiestan ante el Parlamento de Galicia tras el ERE planteado por la empresa que afectaría a 140 empleados. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Un centenar de representantes de los trabajadores de Maderas Iglesias se manifiestan ante el Parlamento de Galicia tras el ERE planteado por la empresa que afectaría a 140 empleados. LAVANDEIRA JR. (EFE)

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director do Igape, Juan Cividanes, mantiveron este xoves en Santiago unha xuntanza co presidente e responsables do comité intercentros de Maderas Iglesias para coñecer de primeira man a situación xerada e as demandas dos empregados. 

Os representantes do Goberno galego trasladáronlle aos traballadores da empresa pontevedresa o apoio da Administración autonómica poñendo a súa disposición a mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais co obxectivo de que as negociacións avancen, agardando unha solución o antes posible. 

A secretaria xeral de Emprego e o director do Igape apelaron, polo tanto, ao diálogo indicando que a Xunta sempre defende este camiño co propósito de buscar a mellor saída para os traballadores de Maderas Iglesias. 

Toca e Cividanes tamén insistiron nese compromiso do Goberno galego de seguir mantendo un diálogo permanente tanto cos traballadores como coa empresa. 

Comentarios