As augas subterráneas, a base da subministración de auga potable

AMEAZA. O cambio climático e a seca poñen en perigo a súa preservación e rexeneración
shepherd fountain at sunset

Cada 22 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga, unha data para recordar a súa importancia e relevancia para a vida. Aínda que toda as actividades sociais e económicas dependen do abastecemento de auga doce, no mundo hai arredor de 2.200 millóns de persoas que non teñen acceso a auga potable. Este é un día para concienciar, sumar forzas e seguir traballando para acadar o sexto Obxectivo de Desenvolvemento Sostible: auga e saneamento para todos antes de 2030.

Viaqua promove unha xestión sostible da auga, un recurso fundamental para o planeta e as persoas. Por todo iso, este ano quere poñer o foco nas augas subterráneas e como o cambio climático e os episodios de seca que estamos vivindo inciden sobre estas, poñendo en perigo a súa preservación e rexeneración.

Acciones de concienciación Viaqua

Para poñernos en contexto é preciso puntualizar que, a pesar de non velas a simple vista, as augas subterráneas son fundamentais para a vida. Constitúen a base da subministración de auga potable, dos sistemas de saneamento e son un recurso natural básico para a agricultura, industria e todos os ecosistemas naturais. Por outra banda, os efectos do cambio climático fan que os episodios climáticos extremos sexan cada vez máis frecuentes. Sen ir máis lonxe, en Galicia estamos vivindo un dos inicios de ano máis secos dende que hai rexistros, con prealerta por seca incluida, e a capacidade dos nosos encoros apenas acada o 50%.

Aínda que as augas subterráneas sempre tiveron unha enorme importancia, esta non foi recoñecida completamente. Debemos coidalas e protexelas, tratando de lograr un equilibrio entre as necesidades das persoas e do planeta.

Instalación Viaqua libre fitosanitarios

O esgotamento dun recurso como a auga supón a perda dun ben esencial para a vida. En Viaqua continúan traballando para mellorar a xestión sostible dos recursos, aumentando a resiliencia dos nosos sistemas de auga urbana ante posibles episodios de secas e reducindo a nosa pegada hídrica mediante a xestión intelixente e avanzada.

Un dos seus obxectivos é desenvolver solucións tecnolóxicas que garantan unha óptima xestión do saneamento. Para logralo, acaban de presentar EDAR 360, un proxecto de innovación onde a través dun consorcio formado por empresas galegas de base tecnolóxica como Syspro Automation S.L.U. e Ednon S.L., e a colaboración dos centros de investigación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Cetaqua Galicia, apostan por desenvolver solucións dixitais baseadas en intelixencia artificial que faciliten a toma de decisións na depuración de augas residuais.