O espazo público: un dereito fundamental dos cidadáns

O I Certame de Fotografía sobre o espazo público da Deputación de Pontevedra, #FotoÁgora, repartiu 32 galardóns entre 17 dos participantes por un importe total de 40.000 euros ► O evento busca difundir de maneira gráfica e amena a filosofía e os dez principios da Rede Ágora
A presidenta da Deputacion Carmela Silva o vicepresidente Cesar Mosquera e o deputado de Mobilidade e Espazo Publico Uxio Benitez presiden a gala de entrega dos premios de fotografia sobre o espazo publico FotoAgora e a inauguracion da exposicion  (4G5A0176.JPG)
photo_camera A presidenta da Deputacion Carmela Silva o vicepresidente Cesar Mosquera e o deputado de Mobilidade e Espazo Publico Uxio Benitez presiden a gala de entrega dos premios de fotografia sobre o espazo publico FotoAgora e a inauguracion da exposicion (4G5A0176.JPG)

Formada pola Deputación de Pontevedra e 54 concellos da provincia, a Rede Ágora é unha iniciativa de acción institucional que pretende valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. O seu obxectivo é que os municipios logren un incremento substancial do espazo reservado ás persoas, aumentando tamén os itinerarios peonís e ciclabes.

O proxecto apoiase en dez principios básicos: O espazo público é un dereito. As persoas primeiro. Mobilidade inclusiva. Autonomía infantil. Mobilidades alternativas. Espazos seguros. Hábitat saudable. Espazos amables e de calidade. Actividade económica de proximidade. Mobilidade sustentable.

Un decálogo que prioriza as necesidades dos sectores máis vulnerables e marca a xerarquía a seguir: 1º a persoa ou o peón, 2º o ciclista, 3º o transporte público e 4º o vehículo privado. Tamén busca o calmado de tráfico con medidas de redución da velocidade, entre outras, e alcanzar un equilibrio que respecte o medio ambiente. As persoas con discapacidade e os nenos son unha prioridade, facilitando a súa mobilidade sen barreiras e con total seguridade. Outros beneficios dunha boa planificación co espazo público poden afectar en cuestións de gran importancia como a saúde (exercicio, menos contaminación e ruídos) e á economía, principalmente no comercio local o de proximidade.

O Certame de Fotografía sobre o espazo público #FotoÁgora, que esta semana entregou 32 galardóns a 17 participantes cun importe económico de 40.000 euros, a través do departamento de Mobilidade Alternativa e Espazo Público da Deputación de Pontevedra, premia imaxes simbólicas e de gran forza que amosan que as persoas deben ser as 'propietarias' ou principais destinatarias do espazo público para mellorar a súa calidade de vida.

Fotografías premiadas


Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Síntome un máis. 1º Premio. Víctor Manuel Lorenzo Santiago. 
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
2º Premio. Francisco Javier Arcenillas Pérez
undefined
En familia sobre rodas. Agustín Iglesias Otero. Mobilidade sustentable. O espazo público tenderá a reducir a contaminación ambiental ou a estar libre dela.biental ou a estar libre dela.

 

Rúa Peirao Pasaxeiros, Vilagarcía de Arousa
Un espazo para todas as persoas. Iago Manuel Souto Lorenzo. O espazo público é un dereito. Ao mesmo nivel que a sanidade ou a educación. É un deber fundamental das administracións garantirlle ese dereito no que desenvolver a súa vida á cidadanía. 
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Paseos en familias. Rosi Pardal Aragunde. Mobilidade inclusiva. É obriga dos concellos prestar atención a accesibilidade universal, de maneira prioritaria as necesidades dos colectivos máis vulnerables: nenas e nenos, persoas maiores e persoas con diversidade funcional. 
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Vía verde. Mónica Vila Ferreirós. Mobilidades alternativas. Promoverase a mobilidade natural e activa fronte á motorizada tanto nos núcleos urbanos coma nos rurais, creando espazos de preferencia peonil nas rúas e prazas centrais. No ámbito rururbano e interurbano construiranse itinerarios peonís e ciclables. Fomentarase o uso da bicicleta na mobilidade cotiá como medio de transporte alternativo.

 

DCIM\100MEDIA\DJI_0238.JPG
Duplicidade. Héctor Rodríguez del Oro. Espazos seguros. Nas vías municipais en contornas de núcleos urbanos ou rurais a velocidade máxima será de 30 km/h e nos espazos de preferenza peonil de 10.
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Punto de encontro. Gáspar Antonio González Somoza. Hábitat saludable. Reducir a presenza de vehículos motorizados e fomentar a mobilidade activa, como camiñar ou andar en bicicleta, servirá para construír unha sociedade máis saudable.

 

undefined
Proximidade. Héctor Rodríguez del Oro. A presenza de persoas nas rúas axuda a fomentar o comercio local. Hai que promover actividades sociais, culturais e deportivas.
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Peatonalización Fefiñáns. Mónica Vila Ferreirós. As persoas primeiro. En calquera actuación o peatón terá prioridade sobre outros modos de transporte na seguinte orde: bicicletas, VMP, colectivo e automóbil.
Os galardoados e as autoridades provinciais posan na foto de familia despois da gala.
Pedra, papel, tesoira. Rosi Pardal Aragunde. Autonomía infantil. Promoción e creación de camiños escolares seguros, potenciamiento da presenza de nenas e nenos nas rúas e prazas de maneira autónoma e establecimiento de canles de participación infantil na vida municipal.

 

undefined
Paseo de Vilaxoán. Mónica Vila Ferreirós. Espazos amables e de calidade. . Os proxectos de intervención no espazo público garantirán un espazo peonil amable e de calidade, cun itinerario continuo e libre de obstáculos dun ancho mínimo de 2,5 metros.

Comentarios