Proponte, a nova rede de autoapoio ao tecido asociativo baseada na glocalización

A Concellería de Benestar Social lanza un instrumento pioneiro para a difusión de actividades e consulta de recursos do lenzo asociativo de Pontevedra
Marcos Rey e varios colaboradores durante a presentación do proxecto no salón de actos da residencia de Campolongo, onde se congregou unha grande cantidade de público asistente. CEDIDA
photo_camera Marcos Rey e varios colaboradores durante a presentación do proxecto no salón de actos da residencia de Campolongo, onde se congregou unha grande cantidade de público asistente. CEDIDA

Esta novidosa iniciativa foi presentada ante diversos colectivos e entidades do terceiro sector o sábado 30 de abril no salón de actos da Residencia de Maiores de Campolongo polo edil de Benestar Social, Marcos Rey. Facilitar un coñecemento global, permanente e actualizado da situación do tecido asociativo e impulsar a participación organizada da cidadanía e dos diversos grupos sociais son algúns dos principais obxectivos do programa.

Programa Proponte

Baseado nos principios da glocalización (pensar globalmente e actuar localmente) e de non deixar fóra ninguén (abranguendo os ámbitos urbano e rural, o seu cometido é tecer unha rede de participación e transformación social próxima, aberta e flexible. Deste xeito, Proponte, con espazo propio na nova páxina web do Servizo Municipal de Benestar, amosa de xeito innovador que é posible a equidade de tódalas persoas na diversidade, desde a igualdade e sen segregacións nin discriminacións.

É unha rede de autoapoio e participación social do tecido asociativo de Pontevedra

Este sitio web busca promover investigacións, estudos, enquisas, reunións de expertas/os, grupos de traballo e cantas iniciativas se consideren necesarias para afondar no coñecemento do tecido asociativo. Tamén serve para ordenar e analizar a información dispoñible e promover procesos de innovación coa aplicación de modelos de xestión, programas e servizos que melloren a calidade da atención.

Programa Proponte

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey subliñou que Proponte é unha especie de árbore con con 15 polas que representan as parroquias "por cuxa savia bruta converxen ás accións da Concellería, as asociaciones e as entidades do terceiro sector". A iniciativa, que ofrece apoio económico e metodolóxico para visibilizar actividades de interese para o sector, promove a creación dun mapa de acción comunitaria e a cesión de espazos para actividades.

Proponte brinda ayuda economica e metodolóxica para visibilizar as actividades do sector asociativo

Asemade, brinda asesoramento técnico para a posta en marcha e consolidación do tecido asociativo, elaboración e avaliación de proxectos de participación cidadá e colaboración na organización de eventos locais que propicien o coñecemento de experiencias do ámbito asociativo. Forman parte do proxecto 50 colectivos e as 15 parroquias, asociacións socio-sanitarias, de inserción laboral, de acción social, de migracións e as de Proponte Rural, entre outras.

Programa Proponte