SANTIAGO. O Festival de Sundance, principal certame de cine independente dos Estados Unidos que celebrará a súa próxima edición do 18 ao 28 de xaneiro, contará con representación galega. A curtametraxe Matria, dirixida por Álvaro Gago —vigués con raíces en San Cibrao— e producida por Sombriza Films en coproducción con Ringo Media, que xa fora premiada na Seminci —obtivo o premio de mellor curta—, Alcine e Cartagena, competirá na sección internacional de curtametraxes.
Gago contestaba onte pola tarde ao outro lado do teléfono: «Claro, claro, estou moi ilusionado, porque é unha recompensa para todo o equipo artístico e técnico».
Selección
«Quizais lles chamou a atención que o que se ve na cinta siga pasando na España do século XXI»
Sundance
«É un dos escaparates mási grandes do mundo para que esta histori se faga máis visible e chegue a máis xente»
Ademais, sinalaba que Sundance é un dos «escaparates máis grandes do mundo» para dar a coñecer esta historia ao público, para que se faga «máis visible e poida chegar a máis xente».
Todo isto ademais de estar no meollo do cine independente e ter a oportunidade de ver outros cines e coñecer a relizadores doutros países. En definitiva, «compartir experiencias», como apunta o cineasta vigués.
Matria foi unha das 66 cintas elixidas entre as case 9.000 presentadas. «Non sei o que viron nela. A resposta é complicada. Pero supoño que lles chamaría a atención que o que se ve na cinta siga pasando na España do século XXI, nunha España que consideramos moderna», opina.
Outra das grandes bazas da película, ao seu xuízo, é o labor que fan as actrices, sen nengunha experiencia previa no cinema. Destaca, a interpretación da protagonista, Francisca Iglesias, «por xenerosa e honesta».
Matria narra un día na vida de Ramona, unha muller que vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e a súa neta. A curtametraxe, distribuída por Marvin & Wayne e apoiada por Agadic, está protagonizada por Francisca Iglesias Bouzón. Nas próximas semanas, Matria proyectarase en Galicia no Festival Internacional de Verín (7 e 8 de decembro) e fóra do Telón de Grelos viaxará ata o Festival de Cine Aguilar de Campoo (Palencia) e o Festival Internacional de Zubroffka (Polonia).