lunes. 21.09.2020 |
El tiempo
lunes. 21.09.2020
El tiempo

A programación cultural mantén o ritmo no último tramo do verán

Xosé García Bustelo dará unha charla online. DP
Xosé García Bustelo dará unha charla online. DP
Institucións públicas e privadas recuperan aos poucos e con medidas de seguridade sanitaria as súas programacións culturais nunha última parte do verán marcada polo aumento dos contaxios de coronavirus

Coa programación de verán rematada, as institucións públicas e privadas de Pontevedra van recuperando a programación cultural aos poucos e con medidas de seguridade sanitaria nun mes de setembro, marcado polo aumento dos contaxios e que se prevé de transición antes de entrar de cheo no novo curso.

Polo de agora, na capital da provincia, son o Concello e a Deputación os que máis actividade seguen a realizar. No caso da institución municipal, mantén abertas este mes ata tres exposicións: a de Morquecho no Pazo da Cultura, a titulada Memoria dun confinamento na Alameda e a de Javier de la Torre no Mercado. A maiores, o Concello, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), está detrás dunha nova edición do obradoiro literario que se desenvolve na cidade cada ano e que nesta ocasión estará dirixido pola escritora e xornalista Montse Fajardo.

A Deputación tamén ten en marcha diferentes propostas literarias: as da súa Escola de Letras (www.depo.gal/escola-de-letras) e uns roteiros arquitectónicos e literarios (que xa teñen as súas prazas cubertas). A mesma institución provincial está detrás dun ciclo de conferencias científicas que levan o nome de Aida Fernández Ríos e que abrirá on-line o investigador Xosé García Bustelo falando de cancro. Será o 17 de setembro (inscricións: www.depo.gal).

Polo que se refire á música en directo, en Vilaxoán celebrarase dende o 10 de setembro o Festival Revenidas, nunha edición marcada polas medidas de seguridade sanitaria. O mesmo pasa nos concertos que teñe lugar no Náutico de San Vicente do Mar. Nos próximos días por alí pasarán Coque Malla e Carlos Sadness.

En canto ao cine, esta semana está a ter lugar o Festival de Cans, con importantes cambios por mor da covid. Tamén se aplican medidas de seguridade nas salas de cines, as que aínda se pode ver o que é un dos títulos do ano: Tenet, de Christopher Nolan.

A programación cultural mantén o ritmo no último tramo do verán
Comentarios