Queda inaugurada a Sala X con críticas ao Marco de Vigo

Alumnos do Máster en Arte Contemporánea de Belas Artes comentan que a situación o museo olívico é «terrible

O colectivo Enmarcados na resistencia e Xosé Manuel Buxán, o xoves, na Sala X. GONZALO GARCÍA
photo_camera O colectivo Enmarcados na resistencia e Xosé Manuel Buxán, o xoves, na Sala X. GONZALO GARCÍA

PONTEVEDRA. A arte require compromiso é o título da exposición que se inaugurou onte na Sala X, da facultade de Belas Artes de Pontevedra. E é tamén o que está escrito con cinta de obra no espazo central desa sala, que acolle, ata o 23 de marzo, distintos traballos do colectivo Enmarcados na resistencia. Neles reflexiónase sobre a situación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), de cuxa xestión se vén de facer cargo o Concello.

«Hai que pensar que as accións dos políticos son puramente populistas. A xente quere flores e quere luces. Tamén é a nosa responsabilidade como creadores mobilizarnos», sinalou a decana, Silvia García. «A situación do Marco é terrible», concordou Ariadna Yáñez. A moza, xunto a outros compañeiros do Máster en Arte Comporánea, dirixido por Xosé Manuel Buxán, en concreto Hugo Catania, Sara Martínez, Sabela Condesa, Iván Graña, Mariña Pérez e Brais Romero, constituíu un colectivo que naceu coa intención de denunciar a situación do museo vigués e, por extensión, reflexionar sobre a falta de oportunidades que teñen os novos creadores. Yáñez puxo un exemplo: «Pontevedra é a única cidade de Galicia que ten unha facultade de Belas Artes e, sen embargo, non conta con espazos expositivos nos que os novos creadores poidan amosar a súa obra».

O seu compañeiro Brais Romero profundizou na idea. «Hai como unha desconexión entre as institucións e os novos creadores, que non temos un espazo no que mostrar o noso traballo despois de ter investido na nosa formación. Négasenos a cultura».

O caso do Marco mobilizounos. «Implicámonos nesta protesta porque é necesario desvincular dunha vez a política e arte», dixo Sara Martínez.

Comentarios