sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

A vixilia dos soños

Adianto dos contidos do próximo suplemento Táboa Redonda

Ramón Rozas repasa o cinema excesivo de Federico Fellini polos 25 anos do seu pasamento. Javier Nogueira recomenda ler a Priestland para coñecer a realidade sobre o dominio mundial da esquerda. António Luís Catarino pregúntase por Segalen, quen foi a Abisinia tras o brillo de Rimbaud. Lois Pérez reivindica o valor da docencia a respecto dun documental sobre Antía Cal. Nacho Mojón conta que o futuro entraba en Montederramo polo bar da Manuela. Portorosa aposta polo saber como garantía para manter equilibrada a coherencia. Antonio Costa Gómez anima a seguir o exemplo meditante da escritora xaponesa Sei Shonagon. Jaureguizar propón que os funcionarios atendan aos cidadáns de costas e e latín.

A vixilia dos soños
Comentarios