Lunes. 24.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 24.06.2019
El tiempo

Os abonos do Resu chegan ao seu tramo final: só quedan 300

Público no Resurrection Fest. ARQUIVO
Público no Resurrection Fest. ARQUIVO

A organización do festival traballa nunha nova zona de descanso de pago

"¡Correde, é a vosa última oportunidade!", así anima a organización do Resurrection Fest aos amantes do festival para que se fagan cos últimos 300 abonos dispoñibles. Os billetes para cada día poranse á venda proximamente.

Alertan, ademais, de non caer en páxinas de terceiros non oficiais para evitar atoparse "con decenas de persoas na entrada do festival con entradas falsas". 

Sliknot, Slayer ou Lamb of God son algúns dos artistas que actuarán na gran cita musical de Viveiro, desde o mércores 3 ata o sábado 6 de xullo.

ZONA DE DESCANSO. Tras encher o Resucamp e a maiores do Beachcamp e o Glamping, o Resu traballa nunha nova zona de descanso de pago e aumentaranse os servizos do sector gratuíto no que haberá máis áreas dispoñibles. 

Os abonos do Resu chegan ao seu tramo final: só quedan 300
Comentarios