sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Adrián Solla fronte a Rosolino Marinello na terceira xornada de 'Noites de jazz'

Concerto de Faia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Concerto de Faia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
O ciclo continúa este venres co trío vigués Baraka e co Miguel Lamas Quartet

No ecuador do ciclo Noites de jazz subiron aos escenarios da Praza da Pedreira e da Praza de España dous recoñecidos músicos de Pontevedra. Na primeira actuou Adrián Solla, pianista pontevedrés (tamén produtor e compositor) que, ao tempo que comparte escenario con artistas de renome como Marta Sánchez, desenvolve o seu proxecto persoal de jazz. Na Pedreira presentouse en formato trío, con Chucho González e Pablo Pérez. Na Praza de España, o que estivo foi o saxofonista italiano afincado en Sanxenxo Rosolino Marinello.

Noites de jazz, o ciclo co que o Concello de Pontevedra suple a cancelación do festival internacional de jazz da cidade, continúa este venres co trío vigués Baraka e co Miguel Lamas Quartet. A proposta pecharase o sábado 1 de agosto con Xosé Outón e Iago Fernández.

FEMINISMO. Ao tempo que segue desenvolvéndose o ciclo Noites de jazz, a programación do verán pos-covid do Concello inaugurou unha nova proposta. Trátase de Con voz de muller, que agrupa proxectos en feminino de diferentes disciplinas. O ciclo comezou onte coa obra de teatro de carácter feminista Puedes llorar los viernes, do grupo 105 besos, e incluíu tamén un espectáculo das poetas Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado) e un concerto de Faia, compoñente de De Vacas que presentou na cidade o seu traballo en solitario.

Con voz de muller serviu ademais para incorporar dous novos escenarios á programación de verán do Concello: o da Praza da Curtidoira e o das pistas de Campolongo, onde hoxe volverá haber actuacións. Na primeira actuará a cantante galego-palestina Najla Shami e nas segundas, A Banda da Loba. A maiores, na Praza da Ferrería, haberá unha sesión de improvisación. A programación completa pódese consultar en www.pontevedra.gal.

Adrián Solla fronte a Rosolino Marinello na terceira xornada de...
Comentarios