Alberto Ramos presenta en Santiago a súa última obra, 'A simetría das bestas'

O escritor compostelán gañou con esta novela o Premio Risco de Creación Literaria

Alberto Ramos. EP
photo_camera Alberto Ramos. EP

O escritor compostelán Alberto Ramos presenta este martes en Santiago (20.00 horas, Libraría Couceiro) a súa última obra, A simetría das bestas, Premio Risco de Creación Literaria. 

Con esta obra, publicada por Urco Editora, Ramos gañou por segunda vez o galardón que concede o Concello de Ourense (xa o fixo en 2012 con Todos os días).

A simetría das bestas conta a historia de Caridad Verdet, que sofre unha enfermidade terminal. O xurado do Vicente Risco destacou da obra o seu "coidado simbolismo" e puxo en valor que outorga "un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados". 

O escritor e xornalista Alberto Ramos cultivou diversos premios na súa traxectoria literaria como o Biblos e o García Barros coas obras Dor pantasma e Máscaras rotas para Sebastian Nell.

Comentarios