Alberto Vázquez: ''En el cortometraje aparecen mis vivencias: las de la droga en A Coruña de los 80, la del 'Prestige...''

Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) ten unha longa traxectoria como autor de cómics e vén de conseguir un Goya coa súa primeira curta de animación, Birdboy, realizada
co director Pedro Rivero.

Pregunta: Xa levan 35 premios en doce países diferentes...
Resposta: Pensaba que a acollida da obra ía ser peor. Os Goya teñen algo de lotería, houbo fortuna influíndo.

P: ¿Como xurdiu a idea?
R: Estréome na animación. Queriamos facer unha longametraxe dun cómic meu, Psiconautas, pero pola falta de cartos narramos a historia dun dos personaxes.

P: ¿Esperan facer a película?
R: Xa temos feita a preprodución, pero o problema é o financiamento. Xa o foi na curta, pero aí, ao final, cobraron todos os colaboradores menos nós (rise).

P: Birdboy e Engurras, outra gañadora, son de animación adulta.
R: Fóra de España, os certames de animación teñen unha sección infantil, pero os apartados fortes son os da animación para adultos ou experimental.

P: ¿Que temática trata Birdboy?
R: Emprego unha fórmula parecida ao primeiro Disney, usando personaxes que son animais, para falar das miñas vivencias e denunciar temas que me preocupan. Nesa obra aparece o tema da droga, algo que eu vivín na miña infancia na Coruña nos oitenta.

P: Tamén aparece una marea negra... ¿Lembrou o Prestige?
R: Si. Tamén está presente a destrución da paisaxe, tanto no exterior, co medio ambiente, como no interior dos personaxes.

P: Outro tema recorrente na súa obra son os adolescentes.
R: Si, e a adolescencia vista de xeito problemático. Interésame moito mostrar o conflito da transición que hai entre a nenez e o estado adulto.

''En Galicia fíxose animación cunha dubidosa calidade, que deixou pufos''

P: ¿Cal é a situación da animación en Galicia?
R: Fanse cousas moi boas. Pero trátase en xeral de proxectos pequenos, illados. En España non hai cultura da animación e non hai formación regrada.

P: Porén, a comunidade fixo grandes proxectos...
R: Foron grandes traballos de dubidosa calidade. Quíxose imitar a Pixar, e ademais fíxose mal. O resultado é que se deixaron pufos en proxectos, quedando xente sen cobrar...

P: ¿E como ve a situación da banda deseñada?
R: Temos unha xeración ao redor dos 30 anos, á que creo que lle fai falta madurar para chegar a todo o seu potencial.

P: ¿Hai aprecio polo cómic?
R: Si, á xente gústalle e aprecia o cómic; agora este chega ás grandes superficies e ten máis consideración. Pero iso non se traduce nas vendas. Non se venden cómics; ben, non se venden libros en xeral.

P: ¿É difícil gañar diñeiro?
R: Aos Dan Brown a aos Ruiz Zafón non lles faltan vendas, pero isto, en xeral, non dá para vivir. Os artistas teñen que ter dúas profesións ou posuír unha faceta máis comercial.

P: Leva xa dúas décadas na ilustración. ¿Ten un estilo?
R: Creo que teño bastante variedade. Traballo de moitas formas, desde o que fago en El País cunha ilustración máis de conceptos ata no propio cómic, no que ilustrei historias de personaxes humanos, outras de animais, vidas de artistas como Poe ou H. P. Lovecraft...

Comentarios