lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

'Amigos ata a morte' inicia xira final en Pontevedra

Cartaz de 'Amigos ata a morte'
Cartaz de 'Amigos ata a morte'
A comedia protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, David Amor e Ledicia Sola fará a primeira parada no Auditorio da sede Afundación

Tras dúas exitosas xiras na que percorreron boa parte dos teatros galegos, Amigos ata a morte inicia agora a tournée final. A primeira parada desta divertida comedia será no auditorio da sede Afundación de Pontevedra o próximo 10 de marzo.

Amigos ata a morte é unha obra sobre a amizade e o amor, e sobre como estes dous sentimentos poden causar situacións ben problemáticas se se mesturan. É o que lles acontece a Nacho, Ángel e María, os tres protagonistas desta comedia, tres amigos inseparables aos que un xiro inesperado porá patas arriba as súas vidas.

Os protagonistas desta comedia dirixida por Javier Veiga son dous grandes da comedia galega coma Xosé A. Touriñán (Tourilandia, Land Rober, Era visto) e David Amor (Gym Tony, El Club del Chiste, O Rei da Comedia) que, acompañados por Ledicia Sola (Pazo de familia, Amar es para siempre) farán escachar de risa aos asistentes.

Tras a parada pontevedresa, Amigos ata a morte recalará en oito auditorios máis: Verín (25/03), Vilalba (31/03), Santiago (1/04), Ourense (7/04), Narón (8/04), Lugo (21/04), Vigo (22/04) y A Coruña (29/04).
 



'Amigos ata a morte' inicia xira final en Pontevedra
Comentarios