martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Ana Torrent e Carmelo Gómez abrirán a tempada teatral de Afundación en Pontevedra

Todaslasnochesdeundia_fotosergioparra
Carmelo Gómez e Ana Torrent nunha imaxe promocional de 'Todas las noches de un día'. SERGIO PARRA

O ciclo, que comezará o 29 de setembro e rematará o 15 de decembro, inclúe catro representacións. Os abonos poñeranse á venda o 18 de xuño

Os actores Ana Torrent e Carmelo Gómez son os protagonistas da obra Todas las noches de un día, coa que se abrirá a tempada teatral de Afundación en Pontevedra. A peza, de Alberto Conejero, será a primeira do ciclo, que se iniciará o 29 de setembro e se prolongará ata o 15 de decembro, e que inclúe outras tres representacións. 

Os abonos poranse á venda o 18 de xuño. As entradas soltas poderanse adquirir a partir do 5 de setembro. Tanto unha cousa como a outra estarán á disposición do público en www.ataquilla.com e no 902504500.

Tras a obra de Conejero, que confronta realidade e lembranzas a través da historia dunha relación entre a propietaria dun xardín e o home que o coida, polo escenario de Afundación pasará a comedia francesa El nombre, o 5 de outubro, con Gloria López, Pedro Morales, Juan Carlos Castillejo, May Pascual e Orencio Ortega. Conta o que sucede durante a cea dun grupo de amigos que celebran a próxima chegada dun bebé. 

Un mes despois, o 9 de novembro, será a vez de Juntos, con Kiti Manver, Melani Olivares, Gorka Otxoa e Inés Sánchez. na que se retrata con moito humor unha serie de relacións familiares. A obra foi candidata en Francia a varios Premios Moliere 2017.

Finalmente, a tempada pecharase con La culpa, a adaptación dun texto do dramaturgo norteamericano David Mamet (gañador dun Premio Pulitzer) ao castelán, nunha montaxe dirixida por Juan Carlos Rubio. Protagonizada por Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández, é a historia dun psiquiatra requerido para declarar en favor dun pacente responsable de cometer unha masacre. Cando se nega a facelo, a súa carreira, a súa ética e as súas crenzas son cuestionadas, desencadenando unha serie de acontecementos.

...Axenda
29 de setembro | Todas las noches de un día, de Alberto Conejero. Protagonizada por Carmelo Gómez e Ana Torrent. 21.00 horas.
5 de outubro | El nombre, de M. Delaporte e A. de la Patellière. Con Gloria López e Pedro Morales. 21.00 horas.
9 de novembro | Juntos, de Fabio Marra. Con Kiti Manver, Melani Olivares e Gorka Otxoa. 20.30 horas.
15 de decembro | La culpa, de David Mamet. Dirixida por Juan Carlos Rubio. Con Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández. 20.30 horas.
 

Ana Torrent e Carmelo Gómez abrirán a tempada teatral de...
Comentarios