Ángel Stanich inclúe Pontevedra na xira de 'Polvo de Battiato'

O músico santanderino actuará o 4 de novembro na sala Karma
Ángel Stanich nunha foto promocional.
photo_camera Ángel Stanich nunha foto promocional. DP

A xira de presentación do terceiro disco do santanderino Ángel Stanich, Polvo de Battiato, pasará por Pontevedra. O músico vén de anunciar que actuará na sala Karma o 4 de novembro. As entradas están á venda na web do artista (22 euros).

O denominado Polvo de Battiato Tour comezará o 15 de outubro en León e en Galicia, ademais de en Pontevedra, inclúe unha data na Coruña (5 de novembro, Inn Club). "Capítulo aparte merecerá la cita de Madrid (20 de enero, La Riviera) para la que el ermitaño maquina un concierto muy especial", sinalan os promotores da xira, que por agora inclúe doce datas e que rematará o 4 de marzo do ano que vén en Málaga (La Cochera Cabaret).

Antes de Polvo de Battiato, Ángel Stanich publicara Camino Ácido (2014) e Antigua y Barbuda (2017). Tras tres anos de silencio discográfico, volve con este traballo, que inclúe unha colaboración con Nina de Juan, de Morgan, e unha homenaxe a Ronaldo Nazario de Lima no tema Nazario.

O músico estivera en Pontevedra en 2016 no Teatro Principal e en 2019 no ciclo Cabos Soltos. O ano pasado actuou nas Festas do Albariño de Cambados.

Comentarios