sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

Aninovo con Abraham Cupeiro

Presentación do concerto, este luns, con algúns dos instrumentos de Abraham Cupeiro que se escoitarán no Pazo da Cultura. GONZALO GARCÍA
Presentación do concerto, este luns, con algúns dos instrumentos de Abraham Cupeiro que se escoitarán no Pazo da Cultura. GONZALO GARCÍA
O Concello mantén o tradicional concerto do día 1 de xaneiro da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra no Pazo da Cultura ►Poñeranse á venda 250 entradas para dous pases

Unha frauta feita cun xunco do río Níxer soará o día 1 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. É un dos instrumentos que acompañan en directo ao artista e compositor Abraham Cupeiro, que tanto reconstrúe artiluxios musicais da Idade de Bronce como se pon en contacto cos Fulani, o pobo nómada máis grande do mundo, para conseguir algún dos seus instrumentos tradicionais.

Cupeiro, que vén de publicar Pangea, é o convidado de honra do Concerto de Aninovo no Pazo da Cultura, que tradicionalmente ofrece o primeiro de ano a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e ao que este ano o Concello non quixo renunciar. Desta maneira, puxéronse 250 entradas á venda: a metade para asistir a un pase que terá lugar ás 17.30 horas e a outra metade para o das 20.00 horas, "con todas as medidas de seguridade sanitaria".

A concelleira de Cultura, Carme Fouces; o presidente da sociedade que xestiona a orquestra, Carlos Cabaleiro; a vicepresidenta da mesma sociedade, Judith Rey, e o artista convidado, Abraham Cupeiro, presentaron o luns este recital, que estará dividido en dúas partes: unha primeira protagonizada polo multiinstrumentista e o seu espectáculo de músicas do mundo e unha segunda centrada nos valses e polcas vieneses.

"Non podemos viaxar, pero eu convido a comezar 2021 indo dende as profundidades mariñas aos confíns do mundo con esta música feita dende o corazón dos pobos", sinalou o multiinstrumentista, que lembrou que precisamente este último proxecto seu nacera en Pontevedra, da man do que será o director convidado da Filharmónica Cidade de Pontevedra o día 1 de xaneiro, Rafa Agulló. Pangea, o disco que resultou de todo aquilo, foi gravado este ano coa Royal Philarmonic de Londres nos míticos estudios Abbey Road.

Aninovo con Abraham Cupeiro
Comentarios