Anxo Araújo, O Rabelo e Grima, finalistas dos IX Premios Martín Códax da Música

A sala Karma aspira a facerse co premio ao mellor local de concertos ▶ Os galardóns entregaranse o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra
O Rabelo durante un concerto en Monte Porreiro. DAVID FREIRE
photo_camera O Rabelo durante un concerto en Monte Porreiro. DAVID FREIRE

Os pontevedreses Anxo Araújo (na categoría de pop e indie), O Rabelo (na de músicas urbanas) e Grima (na de metal) son finalistas dos IX Premios Martín Códax da Música Galega. Tamén aspiran a facerse con galardóns a sala Karma (no apartado de locais de música) e a iniciativa Descúbreas, da Deputación de Pontevedra (no de espazos de comunicación). 

Os nomes dos finalistas destes recoñecementos, organizados pola asociación Músicas ao Vivo, déronse a coñecer nunha festa, o mércores 14 de setembro en Cambados. A gala de entrega de premios terá lugar o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O xerente de Karma, Marcos Rivas, na entrada da sala. BEATRIZ CÍSCAR___
O xerente de Karma, Marcos Rivas, na entrada da sala. BEATRIZ CÍSCAR

Ademais dos mencionados, tamén son finalistas Bala (na categoría de rock), grupo no que milita Violeta Mosquera, afincada en Pontevedra, e Sheila Patricia (no apartado de músicas do mundo), artista de Redondela afincada en Vilaboa. Tamén aspiran a facerse con galardóns a Banda Unión Musical de Meaño e a Banda de Música Cultural de Salceda (na categoría de bandas de música popular) e o Canteira Fest de Vilaboa e o Canjazz de Cangas (na de festivais).

Comentarios