viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

'Ao latexo das Letras' homenaxeará a María Victoria Moreno en Galicia e Portugal

Presentación de 'Ao latexo das Letras'. EP
Presentación de 'Ao latexo das Letras'. EP

A xira inclúe concertos, do 5 ao 18 de maio, na Illa de Arousa, Melide, A Estrada, Lisboa e Ponte de Lima

Óscar&Tribo Letras GalegasAo latexo das Letras, a nova proposta musical do gaiteiro e flautista de Poio Óscar Ibáñez, homenaxeará a María Victoria Moreno coa música e a palabra en Galicia e en Portugal. Así o deron a coñecer este luns en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañados de Óscar Ibáñez e da poetisa Tamara Andrés.

A xira inclúe concertos, do 5 ao 18 de maio, na Illa de Arousa, Melide, A Estrada, Lisboa e Ponte de Lima, coa participación de Óscar Ibáñez & Tribo e Tamara Andrés, ademais da doutros moitos gaiteiros e bailadores invitados. Ao latexo das Letras "fusionará" a música coas palabras de María Victoria Moreno, a través dos seus textos, para festexar o 17 de maio, "cunha proposta que quere sumar a lingua galega e tender pontes cara á lusofonía para facela tamén partícipe desta data tan sinalada para nós", dixo o secretario xeral de Política Lingüística.

García explicou que se trata dunha iniciativa apoiada polo seu departamento no marco da programación institucional das Letras Galegas 2018 posta en marcha desde a Xunta e do desenvolvemento da coñecida Lei Paz-Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

'Ao latexo das Letras' homenaxeará a María Victoria Moreno en...
Comentarios