domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Arte, literatura, cine ou memoria, a aposta do Concello no Culturgal

Edición pasada do Culturgal. RAFA FARIÑA
Edición pasada do Culturgal. RAFA FARIÑA
O organismo municipal intensifica a participación na Feira das Industrias Culturais Galegas con presenza en todos os bloques

Arte, música, literatura, memoria e cinema completan as propostas do Concello de Pontevedra na décimo terceira edición do Culturgal. E é que, a través da Concellería de Cultura, o ente local quixo amosar unha vez máis o seu apoio á Feira de Industrias Culturais, Culturgal. Sempre, pero máis este ano no que a pandemia imposibilitou a presenza das empresas mediante os tradicionais stands e reduciu a posibilidade de público presencial ata o insostible.

Tal e como dixo a edil de Cultura, Carme Fouces, "non hai pandemia que poida co Culturgal", polo que significou que Pontevedra mantén nesta edición todas as achegas previstas e intensifica a súa programación, estando presente en todos os espazos con concertos, presentacións de libros, proxecións de cinema e charlas sobre proxectos consolidados como o Salón do Libro, Diálogos na Pintura ou A memoria das mulleres.

Dentro das particularidades desta edición, que será emitida en streaming para chegar a todo o mundo, atópase a reubicación do Espazo Libro no Teatro Principal. O Salón de Actos do Pazo da Cultura acollerá o Espazo Cinema, o Auditorio o Espazo Escena e a Sala de Exposicións, o Foro. Tamén destacan desde o Concello o novidoso plantexamento das actividades en bloques de 50 - 75 minutos.

Entre as actividades que impulsa o Concello destaca a actuación da Xingro´s Big Band, que terá lugar o sábado 28 ás 12.30 no auditorio do Pazo. O domingo pola mañá presentarase o cómic sobre Josefina Arruti acompañado polos seus autores: Kiko da Silva e Pablo Prado. Finalmente, Falamos, Diálogos na Pintura, o Salón do Libro, a biografía de Virxinia Pereira e a presentación do libro de Lorena Conde, gañadora do III Premio María Victoria Moreno, encherán da actividade a tarde do domingo.

Arte, literatura, cine ou memoria, a aposta do Concello no Culturgal
Comentarios